Para os que non viran o filme E.T. de Steven Spielberg, hai unha escea ó comezo na que varios seres de pequena talla andan por unha fraga. Entón chegán os homes, nomeadamente un que leva unhas chaves penduradas na cintura.

Os extraterrestres (que é o que son os seres) fuxen cara a súa nave e saen voando. Todos agás un, o protagonista, que queda atrás.

Estou contando todo isto de memoria. Hai alomenos quince ou vinte anos que non vexo esta historia.

Quen a viu o outro día foi unha amiga coa súa filla, por segunda vez xuntas. A primera vez para a nena fora un par de semanas antes. Un destes costumes malos que teñen os nenos, ver as pelis mil veces. (Malo para o que os acompaña quero dicir)

Vendo a pelicula, cando E.T. queda fora da nave a nena pregunta: mamá, por que E.T. non voa?

A nai, chea de razón respóstalle: Miña filla, E.T. non voa.

E se non voa como é que despois fai voar a todos os nenos montados nas bicicletas?

Esmagador razoamento. A min nunca se me ocorrera.

et.jpg

Chuzame! chuzame -

Hoxe, cumplindo co calendario de vacinacións da consellería de sanidade tocou levar á Moruncha á pediatra, que o mércores a pícara vai facer xa 2 meses.

vacinas.jpg

Non tiven que sufrir o momento da inxección ca desculpa do traballo, mais para compensalo, estaba só na casa dandolle de comer cando comezou cun choro inconsolabel que durou quince ou vinte minutos e que semellaban horas.

Nese momento voltou a señora colombo que era a que recibira as intruccións para tomarlle a temperatura (canta tranquilidade da meter un termometro dixital polo cu e que pouca me daría un de vidro :lol: ) e darlle o antipirético.

Consello: dar as pingas soltas e non todas xuntas, botounas por fora e houbo que darlle de novo (calculando a ollo que botara fora mais da metade)

Despois diso pasoulle a dor (que febre non tiña) e agora mesmo está aquí tranquila ó meu lado. Mesmo botou uns sorrisos hai un anaco que me encheron tanto de alegría coma antes sufrira ó ver que choraba sen poder remedialo.

Como curiosidade direi que o momento no que mais calma estivo no medio de tanto choro foi cando lle cantaruxei a foliada do Celta. (será casualidade? :lol: )

Chuzame! chuzame -

Acho que non son os manifestos o mellor xeito de acadar a normalización da lingua. Xa dixen hai case dous anos que parecíame mais efectiva a inclusión de porno na galega, e sigo pensando o mesmo, non hai mais que ver noutra franxa de idade o poder que tivo o xabarín.

Con todo, vou poñer aquí unha ligazón o manifesto da asociación de escritores en lingua galega inserida dentro da federación de escritores galeusca. Como non considero que eu mesmo sexa escritor, non son quen para asinar o manifesto, porén despois de o ler con atención por dúas veces considero que é moi sensato e non di nada que non sexa certo.

É mais do que podería dicir de outro manifesto que foi causa inmediata da aparición deste.

É un texto longo, mais paga a pena lelo enteiro.

Chuzame! chuzame -

24 xuño 2008

16 xullo 2008

siiiiiiii.jpg

Neste intre algunha mala persoa estará a actualizar o seu blogue para manterme ocupado :lol:

Pido desculpas ós meus 38 suscriptores do reader (e ós 30 do bloglines) por facerlle eu o mesmo. E grazas por estar aí ;-)

Chuzame! chuzame -

E non, non é felices en Vigo, coma diría o finado do Leri, é Happy Together. Porque o xoves 10 e o venres 11 estiven vendo na casa de Pawley no CGAI parte do seminario Happy Together: cine e culturas pop. Poño ligazó ó programa aquí por se o apagan co tempo.

Claro que non puiden ir a mais da metade das sesións porque alguén ten que tirar do país. Nomeadamente agora que os multimillonarios tamén choran (ainda que non chorarán demasiado, coma sempre).

O xoves á tarde só puiden escoitar a conferencia sobre documentais musicais que impartiu Luis Hidalgo. Estivo moi ben, dinámica e didactica. Amosando pequenos anacos de documentais moi ilustrativos.

O coloquio tamén estivo ben, ainda que de todo o que alí falaron só lembro unha 'boutade' de Jesús Palacios da que agora falarei. Iso e que Antonio Weinrichter estivo poñendo podre criticando (con bastante coña, todo hai que dicilo) a música de Joy Division e de Talking Heads.

O primeiro día Jesús Palacios falaba desde o público no coloquio cando dixo que en España (e Latinoamérica, ainda que isto era algo mais difuso) era imposible ser 'moderno' e mais concretamente ser pop, que había algo que el chamaba GRL Gen Recesivo Latino que era incompatibel co pop. Mesmo se alguén comezaba a amosar sinais de ser un artista ou músico pop, o GRL facía que voltara ó rego e fora tan rancio coma correspondía ó 'solar patrio'.

Pero o segundo día, á tarde (as únicas sesións ás que eu podía ir) Jesus Palacios estivo falando de glam rock e cando chegou o debate estaba aló arriba, á dereita de todo nesta fotografía. Igual algún o recoñece, que era un dos frikis tertulianos das Crónicas Marcianas.

Eu non dixera nada o día anterior no coloquio, porén non concordaba coa súa teoría e segundo falaban fun tomando un par de notas. Non me parecía normal que dixera que Tom Jones era pop en Mars Attacks mais o Fary non o era en Torrente ou que Raphael non era un artista superpop, nomeadamente cando Raphael encaixaba tan ben no que el mesmo definía como o glam. E Camilo Sesto? se Jesucristo Superstar é un musical pop, el non é un artista pop? Ou que falara do cine de Bollywood coma algo pop para nós pero non para eles, para así xustificar dun xeito algo revirado que non podía ser pop ningún filme español.

Conclusión: el seguíu ó seu rollo convencido e eu tamén, que é como rematan estas cousas :lol:

Despois fun comer algo por aí con pawley e mourullo e despois leváronme a coñecer a outra casa de Pawley o manteca(vigués até nos erros) Jazz filloa, evento fundamental na miña conversión ó lado escuro integración na vida coruñesa (moito mais do que o padrón, claro).

Comimos un bocata na rua e fomos ver esa cousa horrorosa moderna construcción que puxeron no Papagayo, onde antes estaban as putas había outra cousa, de camiño cara ó 14!.

Alí estaban poñendo música os que participaran no seminario e pedímoslle a Jesús Palacios algo de Raphael, mais non o tiña.

E pouco durou a noite. Ás 3 ou así marchei co señor mourullo que tiña que erguerme a unha hora normal e xa non podía seguir bebendo licor café.

Para rematar vou retirar o que dixen no coloquio non vaia ser que alguén o lembre despois. Alguén na mesa dixera que o cine español podería desaparecer e pouco se perdía e eu dixen algo mais tarde que tampouco era moito o que se perdía se pechara a Universidade española.

Recoñezo o meu erro, a Universidade española non pode desaparecer, igual que non pode desaparecer o Festival de Ortigueira. E polos mesmos motivos.

Editarei isto se teño tempo, que habería que poñer algunha ligazón.

Chuzame! chuzame -

Solano López é un dos autores que xa están confirmados para a edición de Viñetas deste ano.

E quen é Solano López?

Pois entre outras moitas cousas, un dos criadores de El Eternauta. Se non coñecedes esta obra estades a perder algo emocionante, e ademais divertido.

Chuzame! chuzame -